Thursday 02 de May de 2024

Ofrenda floral Letras Galegas 2023


A Senra foi, unha vez máis, o lugar escollido para realizar a XIV Ofrenda Floral polo Día das Letras Galegas.

No acto, aberto a todos os públicos, ademais da ofrenda, realizada pola alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, houbo unha actuación do grupo ‘Gaiteiros de Bergondo’ e unha lectura de poemas do libro ‘Cartografía dos nomes’ (obra gañadora do II Premio de Poesía Filomena Dato) pola súa autora, Lucía Durán Paredes.

Cada asistente foi agasallado cun exemplar da obra.